lunes, 22 de junio de 2026

XVI FESTIVAL DE BANDAS

Rematou o XVI Festival de Bandas celebrado o pasado sábado, comezou cun pasarrúas polo porto e terminou despois do concerto cunha peza conxunta en San Benito.

Que ben o pasamos coa Banda da Quinta do Picado que chegaron dende Aveiro para compartir con nós unha xornada de música e confraternidade. Un pracer coñecelos e pasar tan bos momentos con eles. Ata a próxima que esperamos que sexa pronto!
Grazas a todos e todas os que vos achegastes ata o auditorio de San Benito, agardamos que vos gustase e que pasásedes unha tarde agradable.
O noso agradecemento ao Concello de A Guarda e aos establecementos colaboradores.
 
 
  
 







 
 
Colabora 

 

miércoles, 10 de junio de 2026

XVI FESTIVAL DE BANDAS "VILA DA GUARDA"

 

Seguimos cos concertos. O vindeiro día 20 celebraremos o XVI Festival de Bandas de Música como sempre no Auditorio de San Benito ás 19:45 h. Se chove trasladaríase ao Pavillón Municipal da Sangriña.
 
Nesta ocasión temos o pracer de recibir como convidada á formación Banda da Quinta do Picado que chega dende Aveiro, no país veciño, para alegrarnos coa súa música.
Non podedes faltar. Vémonos!!
 

 

lunes, 8 de junio de 2026

PROCESIÓN DE CORPUS

 Un ano máis acompañamos á procesión de Corpus percorrendo ás rúas cubertas das marabillosas alfombras florais realizadas polos veciños e veciñas de A Guarda. Parabéns polo voso traballo!








lunes, 25 de mayo de 2026

CONCERTOS NAS PARROQUIAS: CAMPOSANCOS

O sábado pechamos o ciclo dos Concertos nas Parroquias co concerto de Camposancos, na Casa da Comunidade de Montes. Estamos encantados pola boa acollida desta iniciativa e moi agradecidos á directiva da Comunidade de Montes por tratarnos sempre tan ben, así da gusto ir a tocar.

Grazas tamén ao Concello por colaborar nesta actividade e agardamos repetir o vindeiro ano.


                                   Colaboran                                  
    


ACTUACIÓN EN OIA: FESTA DA VIRXE DO CARME

 O pasado sábado levamos a nosa música a Oia para alegrar as rúas e acompañar á procesión nunha fermosa paraxe como é o porto e o Mosteiro. Un pracer tocar ao carón do mar nun día tan emblemático para os veciños e veciñas de Oia. O noso agradecemento á Comisión de Festas e ao Concello de Oia por contar con nós. 










 Esta actuación está incluída no programa Culturea da Deputación de Pontevedra.


 

lunes, 18 de mayo de 2026

CONCERTOS NAS PARROQUIAS: CAMPOSANCOS

 Terceiro concerto e último deste ciclo! O vindeiro sábado en Camposancos. Non faltedes!!


 

domingo, 3 de mayo de 2026

CONCERTOS NAS PARROQUIAS: SALCIDOS

 

Aínda co tempo inestable finalmente puidemos tocar onte en Salcidos. Moitas grazas a todos os asistentes, agardamos que vos gustara.
 
Lembrade que queda o terceiro e último dos "Concertos nas parroquias" que será o vindeiro sábado 23 ás 20:00 h na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos. Non faltedes!!
 
O noso agradecemento tamén ao Concello pola súa colaboración.
 








                                   Colabora